Alibos

O castiñeiro

O clima de Galicia templado e húmido, é moi favorable para o desenrolo do castiñeiro (Castanea sativa Mill.). Proba delo é que a maioría dos soutos de España encóntranse en Galicia e na zona noroeste.

De crecemento bastante rápido, o castiñeiro, pode alcanzar os 35 m. de altura, formando copas grandes e redondeadas e troncos grosos que poden chegar a ter diámetros considerables. Ten follas lanceoladas con bordes aserrados, caedizas no outono. Os seus froitos, as castañas, aparecen protexidas dentro dun envoltorio duro e cuberto de espiñas, chamado ourizo.

A importancia da castaña en Galicia ponse de manifesto no outono, coa recollida do froito, cando se celebran por todo o país os tradicionais magostos, reunions de veciños, familiares e amigos á calor do lume para degustar as castañas asadas.