Alibos

Composición e propiedades

O compoñente maioritario da castaña (Castanea sativa) son os hidratos de carbono (almidón, sacarosa e fibra soluble). Algúns estudios demostran que as castañas galegas, conteñen unha porcentaxe máis elevada de sucre total, que as de outras zonas coma as italianas.

Ten un baixo contido de proteínas, ainda que de Valor Biolóxico máis importante cao de outros vexetais, é dicir, de mellor calidade. A cantidade de grasa presente nelas tamén é moi baixa, bastante similar á dos cereais, e por tanto, moi inferior á dos froitos secos.

A castaña tamén é unha boa fonte de vitaminas C, E e B e minerais (K, P, Mg, Ca e Fe)

O seu baixo contido en gluten está espertando interese para a súa utilización en alimentos aptos para celíacos. Tamén a sua elevada relación potasio/sodio faino un froito moi útil en dietas con restriccións de sodio, por exemplo, en hipertensos.

As castañas son boas, igualmente, para os pacientes que sufren de reumatismo por exceso de ácido úrico, ou para os que consumen carne en abundancia, xa que, debido á cantidade de sustancias alcalinizantes que posúen, neutralizan o exceso de ácidos no sangue, que serán eliminados pola orina.

Pódese concluir, por tanto, que a castaña é un alimento moi nutritivo ademáis de saboroso, que polas súas propiedades beneficiosas, numerosas asociacións de saúde recomendan incluir na nosa dieta.

Calorías

(Kcal/Kj)

Hidratos de Carbono (g)

Proteínas (g)

Graxa (g)

Fibra (g)

Sodio (mg)

Potasio (mg)

153 / 648

28.5

4.6

2.3

2.8

10

500

Tabla de composición (por 100 g de porción comestible)