Alibos

Desenvolvemento sostible

Fai algúns anos detectamos a necesidade de recuperar a produción de castañas na nosa rexión. Con tal motivo, iniciamos o “Proxecto Soutos”, encamiñado a realizar novas plantacións e á recuperación de antigos soutos en Galicia, co fin de contribuir a un desenvolvemento sostible do medio rural e á conservación da biodiversidade dos nosos montes, ao tempo que aseguramos aos nosos clientes un produto de inmellorable calidade e con garantía de orixe.