Alibos

Historia

Téñense encontrado vestixios da presencia da castaña (Castanea sativa) como alimento dende o Paleolítico, cando constituía unha parte fundamental da dieta do home. Dende aquela o castiñeiro acompañou á historia do home, producíndose o seu maior desenrolo e implantación en España durante a presencia dos romanos. Nesta época, as castañas consumíanse asadas, crudas, secas ou pilongas ou en fariña, formando parte da dieta durante todo o ano.

A partir do século XVI, coa incorporación das patacas e o maíz chegado de América e o desenrolo de enfermidades do castiñeiro, a castaña quedou relegada, co paso dos anos, a un alimento para as clases sociais máis baixas e os seus animais domésticos.

Pero nestes últimos anos, a consideración da castaña sufriu unha transformación adquirindo unha imaxe máis sofisticada. A súa demanda foi protagonista dun auxe procedente da revalorización dos productos artesáns así coma a súa utilización na alta cociña, compartindo mesa coas máis selectas exquisiteces e adentrándose nos principais mercados internacionais.