Alibos

Instalacións

A fábrica de Alibos Galicia s.l. está situada no noroeste da Península Ibérica, en Galiza, zona cun clima húmido de temperaturas mornas e gran riqueza do solo que favorecen a produción de castañas, cogomelos e setas. Nun radio de 150 km. da fábrica concéntrase o 90% da produción de castaña da Península Ibérica polo que a nosa situación é privilexiada para a transformación deste froito.