|
Produtos - A CastañaPola nosa privilexiada situación e debido á nosa aposta por produtos autóctonos e naturais, Alibos Galicia S.L. somos un dos maiores produtores mundiais de castaña pelada e conxelada, exportando a nosa produción ós mais importantes mercados mundiais, onde se elaboran exquisitos produtos derivados da castaña: fariña, puré, marrón glacé, en conserva con xarope, en conserva ó natural,… manxares da cociña tradicional, reinventados hoxe coma produtos delicatessen presentes nas mellores cociñas mundiais. As castañas da mellor Calidade recíbense diariamente, de Outubro a Decembro, nas instalación de Alibos, someténdoas ó máis avanzado proceso tecnolóxico de pelado, selección e ultraconxelación, obtendo así unha castaña pelada e ultraconxelada que mantén todo o seu sabor, textura e cor. Tamén elaboramos, a partir da nosa castaña, un fino puré natural ultraconxelado, sen aditivos, para a elaboración de conservas ou acompañamento de apetitosos pratos. |
